Lie Zi
Lie Zi | |
---|---|
Autor/a | Lie Yukou |
Lingua | Chinés clásico |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Liezi ou Lie Zi (chinés tradicional e simplificado: 列子; pinyin: Liè Zĭ; Wade-Giles: Lieh4-tzu3) é unha das tres obras fundamentais do taoísmo filosófico, xunto coas máis coñecidas de Laozi e Zhuangzi. É atribuído a Lie Yukou, a quen se considera un personaxe lendario.
O texto foi inscrito na librería imperial co nome de "Tratado da Perfecta Vacuidade". Xeralmente é considerada a máis práctica das obras taoístas principais, fronte ao máis filósofico Daodejing ou ao máis poético Zhuangzi.
Historia
[editar | editar a fonte]As primeiras referencias ao Liezi proceden da primeira metade da dinastía Han. O editor Liu Xiang afirmou ter eliminado repeticións no texto, que organizou en oito capítulos ou pian 篇. O Han shu coincide en atribuírlle oito capítulos, e conclúe que o texto debe ser anterior a Zhuangzi, xa que este o cita no seu libro. O Liezi non volve mencionarse até a dinastía Jin, co comentario elaborado por Zhang Zhan. Todas as versións conservadas na actualidade proceden da edición de Zhang, dividida en oito capítulos ou juan 卷.[1]
Durante o reinado do emperador Xuanzong dos Tang, o Liezi foi elevado á categoría de clásico daoísta, xunto co Daodejing e mais o Zhuangzi. Recibiu o nome de Chongxu zhenjing 沖虛真經 ("Tratado da perfecta vacuidade").[2]
Estrutura e contidos
[editar | editar a fonte]Estrutura
[editar | editar a fonte]O Liezi consta de oito capítulos, recollidos na seguinte táboa:[3]
Capítulo | Chinés | Pinyin | Tradución |
1 | 天瑞 | Tiān ruì | As beizóns do ceo |
2 | 黃帝 | Huángdì | O Emperador Amarelo |
3 | 周穆王 | Zhōu Mù wáng | O rei Mu dos Zhou |
4 | 仲尼 | Zhòngní | Confucio |
5 | 湯問 | Tāng wèn | As preguntas de Tang |
6 | 力命 | Lì mìng | O esforzo e o destino |
7 | 楊朱 | Yáng Zhū | Yang Zhu |
8 | 說符 | Shuō fú | Explicación dos signos |
Moitos destes capítulos reciben o seu nome de célebres figuras históricas ou da mitoloxía chinesa. Así, aparecen os reis sabios da antigüidade, como o Emperador Amarelo (c. 2698- c. 2599 a. C.), o rei Tang de Shang (c. 1617-c. 1588 a. C.) ou o rei Mu de Zhou (c. 1023-c. 983 a.C.), xunto con filósofos como Confucio (551-479 a.C.) ou Yang Zhu (século IV a. C.).
Contidos
[editar | editar a fonte]Adoita considerarse que o Liezi é a máis práctica das grandes obras daoístas, en comparación coa narrativa poética do Daodejing ou as reflexións filosóficas do Zhuangzi. Por exemplo, ofrécese esta descrición da experiencia daoísta pura:[4]
O meu corpo correspóndese coa miña mente, a miña mente coas miñas enerxías, as miñas enerxías co meu espírito, o meu espírito coa nada. Cando a cousa máis insignificante ou o son máis tenue me afectan, sexa ao lonxe, para alén das oito fronteiras, ou ao alcance da man, entre as pestanas e as cellas, non podo evitar sabelo. Porén, non sei se o percibín a través dos sete buratos da miña cabeza e os meus catro membros, ou grazas ao meu corazón e entrañas e órganos internos. Non é máis ca o autocoñecemento
Traducións
[editar | editar a fonte]En castelán
[editar | editar a fonte]- Lie Zi: El libro de la perfecta vacuidad (1987). Tradución de Iñaki Preciado Idoeta. Editorial Kairós.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Liezi - Internet Encyclopedia of Philosophy" (en inglés). Consultado o 2024-04-26.
- ↑ "Liezi - Chinese philosophy, Taoism, Daoism - Britannica". www.britannica.com (en inglés). 2024-03-21. Consultado o 2024-04-26.
- ↑ Graham 1990.
- ↑ Graham 1990, pp. 77-78.
- ↑ "Lie zi — Editorial Kairós". Editorial Kairós (en castelán). Consultado o 2024-04-26.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Graham, A. C. (1990). The Book of Lieh-tzu: A Classic of Tao (en inglés). Columbia University Press. ISBN 0-231-07237-6.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Liezi (La literatura china traducida en España).
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|